A plataforma de afectados celebra este venres unha xuntanza informativa para tódolos afectados da mina de feldespatos nos que inclúe a comerciantes, empresarios, grupos políticos da provincia e tódolos veciños da comarca.
A asociación “Plataforma Veciñal Corno do Monte” que representa aos veciños de San Pedro de Laroá, Laroá, Fiestras, Seoane, Faramontaos, Moreiras, Paredes e Rebordechá, celebrará este venres 8 de Marzo ás 20:30 da tarde unha xuntanza informativa que terá lugar no salón de Plenos da Casa do Concello de Xinzo. A ela están chamados os veciños do concello de Xinzo e a comarca da Limia, en especial comerciantes e empresarios de Xinzo xa que o impacto económico repercutirá de xeito especial sobre eles. Tamén están chamados a asistir tódolos grupos políticos da provincia que se pronunciaron varias veces en contra da mina.
A xuntanza ten por obxecto informar detalladamente das consecuencias que traerá consigo a mina de feldespatos Faramontaos 5089.1.
Dende a plataforma instamos a que se acheguen a ela todos, xa que estamos a tratar dun proxecto sumamente prexudicial para o presente e o futuro de Xinzo e a comarca da Limia.